A escola non pode desaproveitar a oportunidade que os medios e recursos actuais lle ofrecen para abordar xa o tratamento da imaxe en todas as súas dimensións.
Neste módulo preténdese potencialo dende distintos enfoques cara a crear canles de reflexión, reinterpretación e expresión do noso alumnado a través de actividades creativas baseadas na imaxe, contextualizadas en distintas propostas vinculadas ao currículo do terceiro ciclo de primaria.
- Lectura de imaxe: materiais de apoio e directorio temático.
- Fundamentación e tratamento na aula.
- Ferramentas da web 2.0: escritorio virtual.
OBXECTIVOS. A proposta pretende conquerir do alumnado:
- Decatarse e reflexionar sobre a importancia da imaxe na nosa sociedade.
- Adquirir os conceptos básicos da lectura de imaxes.
- Indagar nas posibilidades da imaxe como elemento de representación e comunicación.
- Utilizar a imaxe para expresar ideas e sentimentos.
- Iniciarse e/ou perfeccionar as técnicas de traballo co cómic como recurso de expresión a través das imaxes.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN:
- Recoñece os elementos fundamentais que compoñen a imaxe.
- Extrae datos obxectivos das imaxes e elabora conclusións.
- É quen de expresar as sensacións que lle produce unha imaxe.
- Produce imaxes de xeito creativo.
- Elabora a representación dunha mensaxe de xeito gráfico.
Inicio
A obra do pintor Salvador Dalí ábrenos a porta ao estudo dunha época especialmente interesante da nosa historia contemporánea. A través da mesma realizaremos un percorrido polo seu pensamento e xeito de interpretar en imaxes as ideas e a vida. Daranos pé a indagar na súa historia, na da sociedade na que viviu, nos territorios e países polos que se moveu, podendo afondar en aspectos máis xerais da época (xeito de vida, pensamento, economía, xeografía...), sobre as tendencias artísticas do momento e os artistas máis representativos. E posibilitará a investigación sobre outros acontecementos, situacións, personaxes e curiosidades relacionadas coa pintura ou a imaxe como elementos motivadores e obxectos de aprendizaxe para conseguir os obxectivos curriculares propios das áreas de traballo como os trazados no escenario para desenvolver as competencias dixitais relacionadas coa lectura de imaxes.
A proposta contempla recursos para o profesorado cos seguintes elementos:
- Sobre Dalí:
- Características da súa obra.
- O seu pensamento.
- A corrente surrealista.
- Artistas surrealistas galegos (Granell)
- Ademais de pintor: escultura, logotipos, cine...
- Contextualización histórica:
- Paises importantes na vida do artista.
- O século XX.
- Feitos máis relevantes da época fora de España.
- Feitos máis relevantes en España e en Galicia.
- Expresión dos soños e fantasías a través da imaxe. (fotografía/pintura)
- Simbolizar unha idea (logotipo).
- Contar unha historia (cómic)..
- Dimensión analítica:
- Lectura de imaxes
- Dimensión investigadora:
- Resolver procesos de investigación sobre os personaxes propostos, sobre a época e os lugares nos que viviron.
As actividades do alumnado estarán encamiñadas ao desenvolvemento de tarefas segundo os seguintes aspectos:
Dimensión creativa:
Inicio
As actividades propostas seguen unha secuencia lóxica, partindo dunha actividade de iniciación onde sentamos as bases do traballo coa lectura de imaxes, e pasando por diferentes propostas, tanto metodolóxicas como organizativas, para investigar, debater, crear e analizar o mundo de Dalí, a súa época, autores representativos en Galicia e outros xeitos de expresión e comunicación a través da imaxe. Pretende ser unha proposta aberta e flexible que lle permita ao profesorado, a partir da mesma, facer as súas propias adaptacións e achegas.
Inicio Secuencia
A importancia da lectura da imaxe.
- Picasa (galerías. Incluído en Google Apps): http://picasaweb.google.com. Titorial
- Flickr (galerías): http://www.flickr.com/. Titorial
- Toondoo (creación de cómic en liña): http://www.toondoo.com/. Titorial

Tamén podes atopar esta documentación no escritorio virtual do proxecto.