Faremos unha proposta concreta, tanto de metodoloxía coma de contidos, ferramentas e recursos para amosar estas posibilidades da comunicación.
Dende unha formulación sinxela das tarefas a conseguir, trataremos neste módulo de organizar ao alumnado para o traballo en equipo centrándonos nos procesos de comunicación para que o traballo colaborativo sexa operativo e satisfactorio.
- Tratamento da imaxe: materiais de apoio e directorio temático.
- Redes sociais no ensino: Edmodo
- Presentacións multimedia: Google Drive, Libre Office e Power Point
- Outras ferramentas de apoio ao profesorado na web 2.0: escritorio virtual.
OBXECTIVOS. A proposta pretende conquerir do alumnado:
- Avanzar no coñecemento dos códigos orais e escritos da lingua para utilizalos con soltura coa finalidade de facerse entender.
- Comprender a importancia do traballo en equipo para a resolución de tarefas.
- Utilizar as presentacións multimedia de xeito autónomo para comunicar ideas e proxectos.
- Coñecer as normas básicas de utilización das redes sociais e poñelas en práctica.
- Descubrir o potencial da comunicación en rede.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN:
- Participa activamente nos procesos de traballo en equipo.
- Utiliza as ferramentas de comunicación autonomamente.
- Entende e cumpre as normas das redes sociais.
- É quen de facer achegas persoais ao traballo.
- Desenvolve a comunicación escrita e oral conforme ao nivel madurativo.
Inicio
No terceiro ciclo de primaria incídese en aspectos máis amplos da realidade social á que pertencemos pero esquecéndonos moitas veces de cotexar esas aprendizaxes coa propia realidade do entorno do noso alumnado.
Se durante o traballo coas unidades de coñecemento do medio, correspondentes ao estudo da sociedade na que vivimos, somos capaces de inverter de novo o proceso para incidir no estudo e análise do que xa coñecemos, do que nos rodea, do noso, e amplialo con novas perspectivas estaremos proporcionando o soporte para entender mellor outras sociedades e outras culturas en base as características diferenciais destas con nós mesmos, contribuíndo sen dúbida á súa formación como cidadáns.
Esta proposta, sinxela na formulación e máis complexa no proceso, pretende que o alumnado recolla, analice, investigue… sobre o seu entorno máis próximo para logo, e mediante un traballo en equipo, sexa quen de procesar esa información para concretala e comunicarlla a outros. Utilizaremos unha rede social para desenvolver o proceso construtivo (como medio), e concretaremos os resultados nunha presentación multimedia.
O profesorado terá o cometido de coordinar o proceso, dende a organización dos equipos ata a publicación e/ou exposición dos resultados, pasando polo apoio e control do funcionamento das ferramentas propostas.
As actividades do alumnado estarán encamiñadas ao desenvolvemento de tarefas de investigación e recolleita de datos segundo os seguintes aspectos:
- Localización: mapas e fotos para a situación xeográfica.
- A paisaxe: vivenda (tipoloxía xenérica); territorio (Concello, parroquia, barrios, aldeas, urbanizacións, vila, cidade…); ecosistemas (campo, montaña, mar, cidade, mixto…).
- Oficios: bases económicas da zona (profesións habituais, industria, comercio, emigración e inmigración…).
- Produtos: propios, do campo, do mar… da industria, da artesanía.
- Historia: datos históricos máis relevantes. Patrimonio etnográfico. Monumentos, edificios artísticos… Museos e exposicións. Persoeiros importantes (históricos e actuais).
- Tradición: festas e celebracións tradicionais. Cando e porqué se celebran.
- Xogos: xogos típicos da zona (dos nosos pais e avós), xogos actuais. Deportes e outras diversións.
- Comunidade: Casa do Concello (se é o caso). Outros espazos de encontro e relación social (casa da cultura, bibliotecas, espazos deportivos, áreas recreativas, centros educativos e a nosa escola...
Inicio
Propoñemos traballar con “Edmodo” polas posibilidades comunicativas e organizativas que nos ofrece. O profesorado terá que crear un curso (grupo) co seu alumnado para poder desenvolver as propostas que facemos neste módulo (isto require que o alumnado se rexistre tamén no grupo creado). O profesorado que descoñeza a ferramenta pode descubrila no vídeo-titorial que aportamos nos recursos ou na numerosa documentación que existe na rede sobre a mesma.
Para a elaboración de presentacións multimedia temos varias posibilidades. Se o noso centro dispón das “Google Apps educativas” podemos traballar directamente coa ferramenta de presentacións de Google Drive, ideal para o traballo en equipo. De non ser así, propoñemos como alternativa traballar con “Impress” (de Libre Office).
Propoñemos tamén nos recursos, para o profesorado, a presentación “Para facelo sinxelo”, co fin de que poida preparar os conceptos máis importantes que logo deberán traballar os alumnos/as. Esta pode ser completada con achegas do propio profesorado (presentámola en tres formatos, para non ter problema con ningunha ferramenta, “pptx”, “odp” e a propia de “Google Drive”.
Inicio Secuencia
Consellos para crear unha presentación multimedia.
Modelo de presentación sobre a localidade.
Modelo de presentación sobre a localidade (para descargar... formato odp).
Información dos concellos de Galicia.
- Edmodo (rede social educativa): http://www.edmodo.com. Titorial
- Video-titorial de Edmodo para descargar (zip). [executar "index.html"] .

Tamén podes atopar esta documentación no escritorio virtual do proxecto.