Viaxe pola Prehistoria

San por Phillip MartinProceso

Prehistoria é o concepto que utilizamos para referírmonos a aquel período da historia que comprende desde o inicio da evolución humana ata o momento da aparición da escritura.

Para comezar imos entre todos a crear un mapa conceptual a partir dos coñecementos que xa temos sobre este período, pero primeiro imos a ir á biblioteca a ver que atopamos sobre o tema e así refresamos un pouco a memoria ;)

Para elaborar o esquema imos a utilizar unha sinxela ferramenta que nos vai permitir construir facilmente un mapa conceptual

Agora imos distribuirnos en equipos de traballo*, cada grupo deberá profundar nun dos diferentes períodos da prehistoria: Paleolítico, Neolítico e Idade dos Metais.
Cada equipo deberá crear unha presentación en Impress na que se amosen os elementos máis significativos de cada período e, logo, incorporalos a unha liña de tempo. Para facelo temos a axuda de Time Rime, unha ferramenta que permite incorporar texto, audio, imaxes, vídeos,... dun xeito moi sinxelo..

Cando rematedes deberedes presentar o traballo aos compañeiros de clase. Lembra que para elaborar este traballo dispoñedes duha selección de recursos que deberedes consultar

Para rematar co noso traballo imos facer unha saída polo Barbanza para coñecérmonos in situ os xacementos a partir dos cales reconstruimos o noso pasado.

Cada Equipo deberá botar unha man para preparar a documentación do noso Percorrido pola Prehistoria do Barbanza
Aquí tendes o mapa. Cando teñades a documentación preparada entrade en google maps coa conta da clase e coa axuda do voso profesor incorporade a información aos novos puntos de información

 

*Os equipos constituiranse segundo os criterios establecidos na aula e segundo o número de alumnos da mesma.