Viaxe pola Prehistoria

San por Phillip MartinConclusión

Hai dez millóns de anos, unhas criaturas póñense de pé. Estes estraños mamíferos están en perigo, teñen poucas posibilidades de sobrevivir. Teñen que defenderse e adaptarse:inventan, camiñan, percorren a terra e os océanos, exploran e conquistan o mundo. Somos os seus fillos. Tanto si a nosa pel é branca, como negra ou tostada, todos descendemos dunha única e mesma familia. Dez millóns de anos son 500.000 xeracións.Os nosos antepasados transmitiron sen descanso o seu saber aos seus fillos para que chegue ata nós. Hoxe, este saber é o que nos permite remontarnos ata eles, escarbar no pasado e atopar as súas pegadas. Esta é a extraordinaria odisea da nosa gran familia.( A odisea da especie )

Agora que coñecemos mellor o noso pasado somos máis conscientes da importancia de conservar e difundir o noso diverso e valioso patrimonio, para poder achegarnos e entender a cultura, a forma de vida e o ambiente que rodeaba os nosos antepasados. Pensa en que podemos facer nós para difundir a necesidade de protexeloe publica un comentario na entrada desta webquest no blogue de aula.