Sobre os vídeos...

 

Este titorial está construído fundamentalmente con vídeos. Para abrir calquera deles preme sobre o seu título, debaixo da imaxe. Durante a reprodución verás, debaixo dos mesmos, unha barra verde para controlala. Podemos facer pausas, volver a un punto concreto ou reproducilo cantas veces o desexemos...

Ademais, durante as pausas que xeran algúns comentarios aclaratorios (en texto), atoparemos unha pequena frecha verde sobre as etiquetas dos mencionados comentarios; premendo na mesma continuaremos coa reprodución do vídeo.

En varios dos vídeos, para deixar claros os procesos, utilizamos un grupo real. Veremos de xeito rápido como utilizar as ferramentas máis importantes. Como xa comentamos Edmodo está en permanente actualización, polo que é posible que a "interface" aquí presentada cambie co tempo, pero sempre será para crear novas posibilidades, as que xa están seguirán funcionando.
É posible tamén que algunhas palabras de Edmodo, a pesares de escoller como idioma o castelán, permanezan en inglés, iso é debido a unha actualización moi recente, polo que aínda non están traducidas ao 100%.

Todos os vídeos están en formato flash (swf), polo que a primeira vez que se utilizan é normal que tarden un anaco en cargar.