Recoñecementos:

Para a elaboración deste proxecto apoiámonos nos recursos e materiais que conforman a fascinante Web 2.0, construída coa xenerosa e desinteresada contribución de numerosas persoas e/ou institucións. O noso agradecemento a todos/as.

 

Faro

Queremos deixar constancia do noso especial recoñecemento a:

-Jordi Adell e Jordi Vivancos: pola súas continuas achegas e empeño en prol de conseguir unha escola acorde aos tempos que nos toca vivir. Son unha clara referencia para os autores deste proxecto.

- Proxecto Lanzadeira: unha experiencia desenvolta polos Centros de Formación e Recursos e que contribuíu á nosa formación e desenvolvemento profesional. As imaxes utilizadas na web deste proxecto foron liberadas durante aquela experiencia e permitímonos utilizalas pola súa beleza e como lembranza da mesma.

- Leandro Lamas: pintor galego, autor das imaxes mencionadas e colaborador do proxecto "Lanzadeira".